Galicia y Uruguay: ciclo de actividades conjuntas
O Consello da Cultura e Uruguay organizan un ciclo de actividades conxuntas.
A conexión entre Galicia e Uruguay dá pé a unha serie de actividades que se celebrarán en 2008 no marco dun acordo entre o Consello da Cultura Galega (CCG) e o Goberno de Uruguay, co gallo do 25 aniversario da institución estatutaria.
A celebración destas actividades conxuntas é froito da reunión do pasado venres en Montevideo entre o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o Ministro de Educación e Cultura do Uruguay, Jorge Brovetto.
En virtude do acordo, Compostela e Montevideo acollerán conferencias, concertos e exposicións para salientar a "intensa e histórica" relación entre as dúas colectividades, segundo informou onte o CCG nun comunicado.
Así, a capital galega acollerá o vindeiro ano unha serie de conferencias ilustrativas da conexión entre Galicia e Uruguay, que ten como legado exemplos como a revista "Alfar" ou as actividades do empresario galeguista Jesús Canabal ou os irmáns Eduardo e Rafael Dieste.
Montevideo recibirá exposicións como "Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración", que comeza o seu itinerario este ano en Bos Aires, ou "O sorriso de Daniel", sobre a historia e as expectativas de futuro de Galicia.
El Ideal Gallego - Galicia
Información elaborada a partir de fuentes propias,
Agencia Efe, Europa Press
y Agencia Gallega de Noticias
No hay comentarios:
Publicar un comentario